Durante moitos anos, cando se falaba do Camiño mostrábanse sempre imaxes de peregrinos –en masculino-, ataviados coas súas mochilas, suorentos e coas botas pisando forte. Con estas imaxes queríase representar unha experiencia difícil na que era necesaria a forza para chegar a Santiago. A pesar desta idea, á que nos fomos afacendo, ao longo da historia existiron mulleres ilustres e anónimas que cargaron a mochila ao ombreiro e emprenderon o camiño a Compostela.

Con esta mostra, a través das once esculturas policromadas realizadas en madeira polo artista Álvaro de la Vega, rendémoslles homenaxe a todas as peregrinas que chegan cada día a esta cidade. E, asemade, queremos que todas as mulleres sexamos as protagonistas porque cada día percorremos o noso camiño, con etapas máis difíciles e outras máis doadas, na procura dun destino, cargadas co peso de todo o vivido… Por iso, estas peregrinas levan ás costas un bebé, unha cadeira, un paraugas ou unhas ás, metáforas todas elas que Álvaro de la Vega utilizou para exemplificar a vida de calquera peregrina, de calquera muller.

Gemma Sesar. Comisaria

Comisaria:

Gemma Sesar

Artista:

Álvaro de la Vegawww.alvarodelavega.es/gl

Datas:

Setembro/outubro 2021

Lugar:

Comercios Casco Histórico

Listado de comercios